CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · CINEFILIAS - TRIBUTO A ALAIN DELON
PLEIN SOLEIL / A PLENO SOL (1960)
René Clément
Francia, Italia / 118 min / Ficción / Francés, inglés, italiano
Ficha artística:
Alain Delon, Marie Laforet, Maurice Ronet
Ficha técnica:
Guión: René Clément, Paul Gégauff. Baseado na novela Patricia Highsmith
Fotografía: Henri Decaë
Edición: Françoise Javet
Produción: Robert Hakim, Raymond Hakim
Sinopse:
O señor Greenleaf ofrécelle 5000 dólares a Tom Ripley para viaxar a Italia e traer de volta aos Estados Unidos ao seu fillo Philippe, temendo que este estea malgastando a súa herdanza. Mais cando Tom coñece a vida de luxo de Philippe e da súa moza Marge, comeza a sentir unha forte atracción por ese mundo. A situación complícase cando Philippe engana a Tom, finxindo que está decidido a regresar, mais sen intención real de cumprir os desexos do pai nin de deixar a súa prometida. Neste contexto, Tom suplanta a identidade de Philippe e comeza un perigoso xogo de manipulación e fraude.