Idade recomendada: >13 anos
Duración: 90 min
Lingua: galego
#posfunción: 9 de febreiro ao remate da función
[DENTRO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS. AGADIC. XUNTA DE GALICIA]
PIROLÍTICOS é esencialmente unha guía para orientar ao público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólise en 10 pasos sinxelos. Ao igual que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado de “baleiro total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o feminismo achegou nas últimas décadas. Reflexionar sobre o impacto do patriarcado nos propios homes, recoñecer a súa posición de privilexio, e amosar as contradicións que estas influencias provocan no noso día a día, poñendo o foco en todo momento sobre un home que simpatiza coa teoría feminista e aspira a vivir en consonancia con ela, pero que ten que enfrontar unha cultura machista profundamente instalada.
Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa e Befa, e, por suposto, con música (desta volta, cun marcado estilo perrallas rock) PIROLÍTICOS escenifica situacións ben recoñecibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise”.
Ficha artística
Dirección: Clara Gayo
Reparto: Evaristo Calvo é Mofa, Víctor Mosqueira é Befa
Autoría: Lucía Aldao e María Lado
Espazo escénico e atrezzo: Marcelino de Santiago, Kukas
Música: Piti Sanz
Deseño de iluminación: Octavio Mas
Deseño de vestiario: Xulia Brens
Deseño gráfico: Natasha Lelenco
Fotografía: Sabela Eiriz
Vídeo: Sonia García (Seimeira Producións)
Inventiños: Pepe Penabade
Corrección lingüística: Ana Triñáns
Produción: Rubén G. Pedrero
© Fotografía: Sabela Eiriz