CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL. PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
PICO SACRO (2024)
Alberto Lobelle
Galicia / 79 min / Documental / Galego
Ficha técnica:
Guión: Alberto Lobelle
FotografÍa: Alberto Lobelle
Edición: Alberto Lobelle
Produción: Roi Carballido, Alberto Lobelle
Tras a proxección, coloquio co equipo do filme
Sinopse:
Unha lenda sobre o Pico Sacro fala da súa orixe máxica. Conta que unha frecha, gardada durante cen anos, foi cravada polo soberano daquelas terras no seu val máis amplo, coa punta cara ao ceo, e que a lúa, atraendo a frecha como fai coas mareas, transformou o obxecto nun monte sagrado. Inspirado polas representacións do Monte Fuji de Hokusai e da montaña Sainte-Victoire de Cézanne, Pico Sacro busca revelar a beleza e o misterio que se agocha baixo a realidade, coas montañas máxicas como protagonistas e símbolos de conexión cósmica.
Alberto Lobelle (Monforte de Lemos). Empeza no audiovisual aos 22 anos realizando un curso de operador de cámara. Ao ano seguinte ingresa na Escola de Imaxe e Son da Coruña, onde dirixe, escribe e produce os seus primeiros traballos. No eido profesional, traballa en series de televisión, documentais, curtametraxes, anuncios e películas. O seu primeiro traballo como director é Matisse escríbese con dous eses (2011), longametraxe seleccionada, entre outros festivais, en Documenta Madrid 11 e no Al Jazeera International Documentary Film Festival 2011.