PHANTOSMIA / FANTOSMIA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL · PANORAMA INTERNACIONAL

PHANTOSMIA / FANTOSMIA (2024)

Lav Diaz

Filipinas / 246 min / Ficción / Tagalo

Ficha artística:

Ronnie Lazaro, Janine Gutiérrez, Paul Jake Paule, Hazel Orencio

Ficha técnica:

Guión: Lav Diaz

Fotografía: Lav Diaz

Edición: Lav Diaz

Produción: Paul Soriano, Mark Victor, Lav Diaz, Bianca Trinidad

Sinopse:

O misterioso problema olfactivo de Hilarión Zabala reapareceu. Un especialista sospeita que se trata dun caso persistente de fantosmia, un cheiro fantasma, posiblemente causado por un trauma, por unha profunda fractura psicolóxica. A radical terapia recomendada para curar a doenza implica que Hilarión debe volver atrás e enfrontarse ás correntes máis escuras da súa vida pasada no servizo militar. Reasignado na remota colonia penal de Pulo, Hilarión terá tamén que confrontar as terribles realidades dese lugar.

Lav Diaz (Mindanao, Filipinas). É un dos nomes máis recoñecidos no circuíto internacional de festivais de cine. É director, guionista, produtor, editor, director de fotografía, poeta, compositor, deseñador de produción e actor. A súa película Melancolía (2008), unha historia sobre as vítimas das execucións sumarias, gañou o gran premio na categoría Horizontes do Festival de Venecia. No 2018 gañou o León de Ouro dese mesmo certame co filme A muller que marchou.

O festival de Venecia descríbeo como o “pai ideolóxico do novo cinema filipino”.

Seleccionada fóra de concurso no Festival de Venecia 2024

Duración: 
246 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Martes, 12 Novembro, 2024
19:30
Salón Teatro
Venres, 15 Novembro, 2024
20:00
NUMAX
MULTIMEDIA

Phantosmia, a film by Lav Diaz will be distributed in Philippine cinemas by Black Cap Pictures soon.