Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.
LA CASA DE JULIO IGLESIAS
A CASA DE JULIO IGLESIAS
Natalia Marín | 2018 | 12:00 | España | DOC, ANI | B/N
No ano 2001, o goberno de Shangai quixo construír unha réplica de España. Ante o problema de resolver "Que é España? Como é unha casa española?" Os arquitectos locais responderon de forma automática: España é Julio Iglesias.
Estrea en Galicia
URPEAN LURRA
BAIXO A AUGA, A TERRA
Maddi Barber| 2019 | 50:24 | España | DOC | COR
Hai case dúas década o pantano de Itoiz inundou sete aldeas e tres reservas naturais nas ladeiras do Pirineo navarro. O grupo ecoloxista Solidari@s con Itoiz documentou en vídeo a loita contra a súa construción. Hoxe, aqueles que estiveron alí soñan coa terra que permanece baixo a auga. As súas voces e xestos entrelázanse para dar conta dun duelo individual e colectivo que se estende ata o presente.
Almost two decades ago, the Itoiz swamp flooded seven villages and three natural reserves on the hillsides of the Navarrese Pyrenees. The environmental group Solidari@s with Itoiz documented the fight against its construction on video. Today, those who were there dream of the land that remains underwater. Their voices and gestures are intertwined to account for an individual and collective duel that extends to the present.
Estrea en Galicia
HUILE SUR VENT
ÓLEO SOBRE VENTO
Alejandro Pérez | 2018 | 19:38 | Suiza, España | DOC | COR
Sobre unha paisaxe de auga e vento un solitario señor recolle as olivas dun illote inundado dende hai décadas.