CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
PARTHENOPE (2024)
Paolo Sorrentino
Italia, Francia / 136 min / Ficción / Italiano, napolitano
Ficha artística: Celeste Dalla Porta, Gary Oldman, Luisa Ranieri, Silvio Orlando, Stefania Sandrelli, Isabella Ferrari, Peppe Lanzetta, Alfonso Santagata, Lorenzo Gleijeses, Silvia Degrandi
Ficha técnica:
Guión: Paolo Sorrentino
Fotografía: Daria D'Antonio
Edición: Cristiano Travaglioli
Produción: Lorenzo Mieli, Anthony Vaccarello, Paolo Sorrentino, Ardavan Safaee
Sinopse:
Unha epopea feminina desprovista de heroísmo pero repleta dunha paixón inexorable pola liberdade, por Nápoles e polos rostros do amor, todos eses amores verdadeiros, inútiles e inconfesables. O perfecto verán de Capri, o desenfado da mocidade, que acaba en emboscada. E todos os outros personaxes: os napolitanos, observados e amados, desilusionados e vitais, coa súa melancolía, a súa ironía tráxica e a súa ollada abatida. A vida, tanto sexa ordinaria como memorable, é longa abondo, e o paso do tempo ofrece un amplo repertorio de emocións. E como marco, tan preto e tan lonxe, Nápoles, esa cidade sublime que encanta, engaiola, berra, ri e sempre sabe como ferirte.
Paolo Sorrentino (Nápoles, Italia). Director e guionista, é unha das figuras máis destacadas do cinema contemporáneo. Gañou recoñecemento internacional con La grande belleza (2013), que lle valeu o Óscar á Mellor Película Estranxeira. É coñecido polo seu estilo visual exuberante e sofisticado, así como pola súa exploración de temas como a decadencia, a beleza e o poder. Sorrentino continúa a súa traxectoria dirixindo filmes que destacan pola súa intensidade estética e emocional.
Sección oficial do Festival de Cannes 2024