PARA QUE NON ME DEIXES AQUÍ SOA
JULIA LAPORT
Idade recomendada: Todos os públicos
Duración: 60 min
Lingua: galego
Foco Creadoras de escena
Nun xogo de máscaras e deformidades faciais, Julia investiga a perda de identidade e a procura dun outro que poida cubrir esa carencia. As ilusións creadas con luces e sombras e as posibilidades de expandir e deformar o corpo con outros materiais, amplifican o movemento dinámico e preciso de Waacking, transformando o artista nunha masa cambiante, cargada de posibilidades e en constante mutación.
Dirección: Julia Laport Rivas
Creación e interpretación: Martín Gonçalves, Laura Iturralde e Julia Laport
Deseño de Iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde
Deseño de escenografía e vestiario: Martín Gonçalves
Confeción: Raquel Crespo
Espazo sonoro: Julia Laport
Axuda á produción: AGADIC - Xunta de Galicia
Foto: Martín Gonçalves