Ollos de Vidro · Visita comentada con comisario e artistas

DATOS BÁSICOS

A Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia acolle até finais do mes de xaneiro a mostra Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia,  unha exposición que toma prestada a metáfora do 'ollo de vidro' de Castelao, e a súa ollada reflexíva, para convidarnos a rever e revisitar a historia galega e o seu relato oficial. Comisariada por Germán Labrador Méndez, a exposición reúne un compendio de máis de 300 pezas elaboradas por preto dun cento de creadoras e creadores que permiten trazar un retrato diferente do país. 

Entradas: 
  • Acceso de balde
Funcións: 
Sábado, 8 Febreiro, 2025
12:00
Auditorio de Galicia