OLLOS DE VIDRO · VISITA · GERMÁN LABRADOR E XOÁN-XIL LÓPEZ

DATOS BÁSICOS

Ollos de vidro continua a desenvolver actividades que afondan nas diversas capas de significado da mostra.

Germán Labrador Méndez, comisario da exposición e Xoán-Xil López, artista participante, realizarán unha visita aberta ao público que finalizará coa escoita da instalación sonora XI:

  • 18.00 h Introdución á exposición 'Ollos de vidro' por Germán Labrador Méndez, comisario
  • 18.30 h Introdución á escoita da instalación sonora XI, 2025 por Xoán-Xil López
    • Escoita da instalación sonora XI, 2025 

Germán Labrador Méndez, Vigo, 1980 é profesor, investigador e comisario de arte, especializado en historia cultural da España Contemporánea. Actualmente asociado magister do Instituto de Lingua, Literatura e Antropoloxía do CSIC.

Xoán-Xil López, Lugo, 1972 é artista sonoro e o seu traballo xira arredor da práctica fonográfica (gravación de campo) e da experimentación sonora,  a través de instalacións, situacións inmersivas de escoita, composicións, performances e textos.

 

 

Acceso: 
  • Sala de exposicións do Auditorio de Galicia
  • Entrada libre e de balde

 

Info práctica: 
Venres, 4 Abril, 2025
18:00
Auditorio de Galicia