A exposición Ollos de vidro desenvolve unha nova actividade que contará coa presenza do comisario da exposición, Germán Labrador Méndez, e da ceramista Carmen Romero, artista participante na mostra e directora do Museo Pérez Porto de Esmelle.
Germán Labrador Méndez continuará a afondar na historia contemporánea de Galicia desde diferentes perspectivas que enriquecen o percorrido polas áreas da exposición.
Pola súa parte Carmen Romero falará especificamente das súas obras expostas, que dialogan coas do tamén ceramista Pérez Porto e con outros traballos como os de Vizoso e Sargadelos
Germán Labrador Méndez, Vigo, 1980 é profesor, investigador e comisario de arte, especializado en historia cultural da España Contemporánea. Actualmente asociado magister do Instituto de Lingua, Literatura e Antropoloxía do CSIC.
Carmen Romero, Fene, 1964. A primeira actividade artística que desenvolve foi a pintura pasando en 1999 a introducirse na cerámica, a disciplina na que se desenvolve na actualidade. É directora do Museo Pérez Porto de Esmelle, Ferrol.