INVERSA TEATRO
Idade recomendada: > 13 anos
Duración: 85 min
Lingua: galego
#posfunción: 3 de marzo ao remate da función
[DENTRO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS. AGADIC. XUNTA DE GALICIA]
Unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila.
Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.
Ficha artística
Texto: Marta Pérez e Ernesto Is
Dirección: Carlos Álvarez-Ossorio
Reparto: Nerea Brey, Marta Pérez, Rosa Puga Davila
Escenografía e vestiario: Inversa Teatro
Espazo sonoro e vídeo: Jesús Andrés Tejada
Espazo escénico e iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Construción escenografía: Juan Bas
Imaxe gráfica: Marieta R
Fotografía: Arquivo Bacelar - A Cañiza
Produción: Marta Pérez
Comunicación: Dito e Feito Comunicación e Samuel Merino
Edición e publicación: Edicións Positivas