O MEL NON CADUCA

DATOS BÁSICOS

IBUPROFENO TEATRO

ESTREA ABSOLUTA

Idades recomedadas: a partir de 14 anos

Lingua: galego

Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC

Xacobeo2021. Xunta de Galicia

 

Estrea absoluta da última peza de Ibuprofeno Teatro que pecha unha xeira de traballos relacionados, en certo modo, coa comida. Unha oportunidade de contemplar a evolución da compañía e dun dos dramaturgos máis en forma do panorama galego e estatal actuais. Unha traxicomedia biodegradable e ecosostible arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica capitalista, do crecemento e do consumo masivo de produtos.

 

Autoría, dirección e adaptación: Santiago Cortegoso

Intérpretes: Marián Bañobre e Avelino González

Escenografía: Diego Seixo

Deseño son: Davide González

Deseño iluminación: Salvador del Río

Vestiario: Marián Bañobre

Música: Davide González

Coreografía: Carmela Bueno

 

C!

#POSFUNCION: 31 de xaneiro ao remate do espectáculo

 

 

Duración: 
80 min
Entradas: 

12 € (descontos habituais do 50 %)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Venres, 31 Xaneiro, 2020
20:30
Teatro Principal
Sábado, 1 Febreiro, 2020
20:30
Teatro Principal