Recomendado dende 3º a 6º primaria
Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar, que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar o seu ideario. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contaba na súa infancia.
O Faiado é unha tenra e divertida historia que nos fala da familia, da perda e da toma das decisións a través das cales iremos facendo o noso camiño. A historia está representada a través de moitas disciplinas: A danza, as acrobacias ou o teatro físico, o circo, a maxia, a música en directo, as sombras chinesas e o teatro. Unha oportunidade para poder gozar de todas elas.