CONTRAPRODUCIÓNS
Idades recomendadas: a partir de 12 anos
Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC
Xacobeo2020. Xunta de Galicia
Nun hipotético tempo, nunha suposta situación, por un deses azares da aritmética parlamentaria e das conxunturas políticas... un candidato a Presidente da Xunta conseguiu o seu propósito, a grande meta da súa vida. O día da toma de posesión, a piques de dar o discurso de investidura, aparece un atranco inesperado: un estraño e choqueiro tic nervioso ameaza con ridiculizar, ou mesmo arruinar, tan solemne e esperado momento. Alarmado, reclama asistencia médica. E un psiquiatra acode para o atender e tratar de arranxar, en escasísimo tempo, tan inoportuno trastorno, iniciándose unha sesión urxente na que, nun contexto de humor agudo e sarcástico, asistiremos a unha batalla entre o político e o facultativo. Que esconde cada cal? Cales son as verdadeiras intencións de un e outro? Que feitos da nosa vida marcan o noso futuro e, sobre todo, a nosa vocación?
Autor: Ramón Madaula
Dirección: Cándido Pazó
Adaptación: Cándido Pazó
Intérpretes: Manuel Baqueiro e Antonio Mourelos
Escenografía: Dani Trillo
Deseño son: Manuel Riveiro
Deseño iluminación: Afonso Castro
Vestiario: Belén Pichel
Música: Manuel Riveiro
En coprodución co F.I.O.T
C!
#POSFUNCION: 23 de xaneiro
ao remate do espectáculo