CINEUROPA · ACTIVIDADES PARALELAS
NOVAS SOLUCIÓNS DE FINANCIAMENTO PARA A PRODUCIÓN AUDIOVISUAL · XORNADA FORMATIVA
A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) desenvolve no marco da 38ª edición de Cineuropa unha xornada formativa en colaboración con EGEDA (Entidade de Xestión dos Dereitos dos Produtores Audiovisuais) e o grupo Segofinance para afondar na profesionalización do eido audiovisual, dar a coñecer o primeiro portal de emprego centrado nos sectores do cinema, as series, a animación e os videoxogos, e presentar a plataforma de financiamento SEGO Creative, unha iniciativa que busca ofrecer novas solucións que faciliten o desenvolvemento e posta en marcha de producións audiovisuais.
A asistencia é de balde previa inscrición en cineuropa.gal.
PROGRAMA
10.30 | Benvida. Felipe Lage Coro, presidente da AGAPI.
10.35 | A profesionalización do sector: AGAPI e Egeda. Uxía Caride, xerente da AGAPI, e Jesús Prieto, de EGEDA.
11.15 | Platino Empleo. Rafael Sánchez, de EGEDA.
11.30 | Presentación da plataforma de financiamento SEGO Creative, impulsada por EGEDA en colaboración con Segoventure. Con Jesús Prieto e Carlos Antón, de EGEDA.
12.30 | Quenda de preguntas e clausura.