NOVA DATA_LINA_RAÜL REFREE

DATOS BÁSICOS

Nunha noite de fados as voces móstranse auténticas: sen amplificación, sen adornos e sen filtros, apenas nervo e talento, alma e paixón. Raül Refree entende ben todas estas cousas e como elas marcan as voces, tendo asinado, por exemplo, a produción de Los Angeles de Rosalía, ou Granada de Silvia Pérez Cruz. Por iso mesmo, o músico e produtor non tivo dúbidas cando escoitou a Lina cantar no Clube de Fado de Lisboa.

E foi aí, a media luz, que Raül Refree namorou da voz desta nova fadista, estudante atenta da obra de Amália Rodrigues, á que homenaxea neste proxecto desde unha perspectiva tan respectuosa e auténtica como desafiante.

LINA_ RAÜL Refree están nominados aos premios Les Victoires du Jazz na categoria de “Álbuns de Músicas do Mundo"

- Web con máis información

- Facebook do espectáculo

Acceso: 

14 € (descontos habituais do 50 %)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349 Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Info práctica: 
Domingo, 6 Setembro, 2020
20:30
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

Lina_Raül Refree - Cuidei que Tinha Morrido