LASAL TEATRO
Idades recomendadas: a partir de 5 anos
Danza A-Escena. La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales
INAEM. Comisiones Artísticas de la Red
____
Retrasmisión en liña a través da canle de YouTube Compostela Cultura
O fogar é o universo que nos acolle desde o noso primeiro alento e protexe cos seus muros a calor que irradian as persoas que habitan nel. É o cheiro, o tacto das primeiras cousas, o seu movemento, as primeiras palabras escoitadas e ditas, a pegada dos primeiros pasos. Neste espectáculo queremos falar da protección e o amor que o noso fogar nos inspira, pero... E se a nosa casa desaparece? Se a destrúen? Se temos que abandonala sen ter outra casa onde ir? É un obxecto evidente nas nosas vidas, como é evidente que respiramos, pero... e se non tiveramos un fogar ao que volver todos os días? Deixariamos de respirar? Onde iriamos? Como construiriamos o noso novo fogar?...
Autoría e dirección: Julia Ruiz
Intérpretes: Emilio Arquillo e Raquel Cruz
Asesoramento físico/coreográfico: Rosa Mari Herrador
Deseño e realización de escenografía-vestiario: Isa Soto
Música orixinal: Daniel Maldonado (Sam)
Deseño iluminación: Juan Carlos Tamajon
Técnica en xira: Almudena Oneto
Fotografía: Joaquín Puga e Juan Antonio Cárdenas
Proxecto en colaboración coa Junta de Andalucía