DETERMINADA COMPAÑÍA
(Danza)
Idade recomendada: Infantil, 1º e 2º Primaria
Duración: 50 min
Lingua: galego
Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado saír. Será que ela o consegue?
Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer - Bauhaus- do 1921 celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.
Autoría e dirección: María Torres
Coreografía: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas
Elenco: Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Carlota Mosquera
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Música orixinal: Alex Salgueiro
Vestiario: Diego Valeiras
Iluminación: Nacho Martín Atrezzo: Marta Mallo e Juan Lens
Audiovisuais: Ángel Sousa e Mila Ercoli
Deseño Gráfico: Paulina Funes