CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL · PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
AS NEVES (2024)
Sonia Méndez
Galicia / 83 min / Ficción / Galego
Ficha artística:
Andrea Varela, David Fernández, Antía Mariño, Xacobe Bruña, Irene Rodríguez
Ficha técnica:
Guión: Sonia Méndez
Fotografía: Lucía C. Pan
Edición: Juliana Montañés
Producción: Pedro Hernández Santos, Nati Juncal
Tras a proxección, coloquio co equipo do filme
Sinopse:
As Neves é unha vila galega de montaña na que todo o mundo se coñece. A noite de entroido un grupo de adolescentes celebra unha festa e nela dróganse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a nova de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. No entanto, a vila queda incomunicada e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.
Sonia Méndez (Vigo) conta cunha longa traxectoria no campo da interpretación, a dirección e a produción audiovisual. Dirixiu, guionizou e produciu seis curtametraxes e as webseries Angélica e Roberta e Antes de perder. Dende 2014, dirixe o festival de contidos dixitais Carballo Interplay e en 2018 funda con Nati Juncal Cósmica Producións. Con ela desenvolve a longametraxe documental A poeta analfabeta, estreada na 34ª edición de Cineuropa, e As Neves, a súa primeira longametraxe de ficción. Estreada na última edición do Festival de Málaga, na que competiu pola Biznaga de Prata, a película foi tamén candidata ao premio Dunia Ayaso do Festival Internacional de Cine de San Sebastián e á Compétition Belle Jeunesse do 23º Festival de Cinéma Espagnol de Marsella. Entre os novos proxectos nos que está a traballar cóntanse a longametraxe de ficción Historia dun amor e o documental A muller borrada.
Sección oficial do Festival de Málaga 2024