PÉREZ & FERNÁNDEZ
(Monicreques)
Idade recomendada: Primaria
Duración: 45 min
Lingua: galego
Nanai é unha nena que naceu nunha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas reixéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir NON!, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé en compañía de Chis-Púm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra esta estúpida superstición da xente, Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería...