MOVER E FACER · OBRADOIRO CON JANET NOVÁS

DATOS BÁSICOS

MOVER E FACER · OBRADOIRO DE MOVEMENTO CON JANET NOVÁS

Neste laboratorio, Janet Novás comparte a práctica desenvolvida ao longo dos anos como bailarina e performer, baseada en creacións propias e colaboracións con disciplinas como a música, a moda ou o cinema.

A artista entende o corpo como un espazo arqueolóxico, cheo de capas que se poden descubrir a través do movemento. Propón un proceso de "escavación” física e simbólica guiado pola improvisación, onde se exploran materiais internos como ósos, fascias, emocións, imaxinarios ou sons. Tamén se traballa coa voz, a mirada, a pausa, a escoita e a conciencia dos corpos físico, enerxético, emocional e sonoro, co obxectivo de expandir as posibilidades do corpo como ferramenta expresiva e creadora.

Duración: 
3 horas
Acceso: 
  • De balde previa inscrición 
  • Prazo de inscrición do 29 de abril ao 23 de maio
Info práctica: 
Sábado, 24 Maio, 2025
11:00
Auditorio de Galicia