FURIA SOTELO
Idade recomendada: >12 anos
Duración: 50 min
Lingua: sen texto
#posfunción: 6 de abril ao remate da función.
Este solo de danza interpretado pola bailarina Alejandra Balboa fai unha viaxe metafórica ao redor da fraxilidade da existencia humana. A peza busca a esencia común a esta fraxilidade, máis aló das aparencias. É unha proposta radical sempre que busca a raíz espida do acontecer. Afastándose dos adornos anecdóticos dos acontecementos. O corpo como protagonista e o movemento como vehículo para encarnar o mortal, o vulnerable, os desexos, o eterno retorno. O circular e pendular como fío condutor das dinámicas espaciais. A fragmentación e transformación dun corpo que se move entre a vontade e o devir.
Dirección e coreografía: Nuria Sotelo.
Intérprete: Alejandra Balboa
Creación: Nuria Sotelo, Beatriz Palenzuela, Rafael de La Lastra
Asistentes de coreografía: Alejandra Balboa, Beatriz Palenzuela, Rafael de La Lastra
Colaboración: Mónica García, Nacho Cárcaba, Elisa Medina Hudgins
Espazo sonoro: Mounqup
Deseño Iluminación: Del Ruiz
Fotografía: Rubén Vilanova
Vídeo: Carlota Mosquera, Rubén Vilanova