MOCAP

DATOS BÁSICOS

MATÍAS DAPORTA

Vai comezar a función e unha das performers non chega.

Antes de que entre o público deciden substituíla, pero non por outra bailarina, senón por unha pantalla. Na pantalla non estará outra que ela mesma, pero a súa imaxe dixitalizada.

MOCAP é unha peza que se pregunta se é posible substituír o corpo de alguén por un dispositivo tecnolóxico. Cales serían as implicacións sociais diso?

Os performers enfróntanse ao reto de empatizar en escena cun corpo ausente vivo e un corpo inerte presenta (a pantalla).

Dirección: Matías Daporta e María de Dueñas

Coreografía e performance: Angela Millano, Matías Daporta e María de Dueñas

Vídeo en pantalla e banda sonora: Alvaro Chior

Dramaturxia: Paula Noya de Blas

Xestión: Manuel Lago e Matías Daporta

Compilación de vídeo: Matías Daporta en colaboración con Mario Santamaría e Marcos Daporta

 

Idade recomendada: > 13

 

 

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • 10 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 30 Abril, 2022
20:30
Teatro Principal