MIGRACIÓNS · PROGRAMA DE ABONO

DATOS BÁSICOS

A Real Filharmonía de Galicia presentou  a súa nova temporada, a primeira con Baldur Brönnimann como director artístico e titular, que levará por título 'Migracións'. 

A través deste fío argumental proporase que a música actúe coma un espello da realidade. Por iso, a diversidade estará moi presente ao longo de toda a programación: atoparase música de herdanza africana (das compositoras Florence Price ou Hanna Kendall) ou chinesa (coa obra de Huang Ruo The Colour Yellow for Sheng and Orchestra); propostas de épocas e estéticas moi diferentes, desde compositores das Cortes Reais como Boccherini ou Brunetti ata obras de Bach, Haydn, Schubert... ata chegar a Cage ou Mazzoli.

ABONOS
A renovación dos pases de temporada realizarase os días 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño no teléfono do Auditorio de Galicia (981 571 026) e os novos abonos poderán solicitarse os días 4, 5, 6 e 7 de xullo así como o 11, 12, 13, 14 e 15 de setembro no despacho de billetes do Auditorio de 11.00 a 14.00 h.

Ademais, para facilitar que os novos públicos se acheguen á Real Filharmonía, crearase o novo abono (EN)FOCO, que inclúe cinco concertos, os tres do formato (EN)FOCO e dous a elixir da temporada.

Abonos colectivos: Os días 19, 20, 21 e 22 de setembro de 2023, no despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 11:00 h a 14:00 h

- Haberá 50 abonos á venda a disposición de asociación culturais e veciñais, escolas de música e centros educativos públicos. Para a compra destes abonos deberá acreditarse documentalmente a pertenza aos colectivos especificados.

- Cada entidade poderá dispoñer dun único abono.

- Cada abono contén catro entradas por concerto.

- Deberá adquirirse o abono para toda a temporada.

- Serán asignadas filas e butacas unha vez rematada a renovación de abonos e compra de novos abonos.

- En caso de ter máis solicitudes que abonos colectivos dispoñibles, serán adxudicados por sorteo.

MODALIDADE DE ABONO

ABONO A: outubro 2023 – maio 2024

22 Concertos: 351,00 €

25% desconto: 263,25 €

Abono especial: 175,50 €

ABONO B: outubro 2023 - xaneiro 2024

12 Concertos: 183,00 €

15% desconto: 155,55 €

Abono especial: 91,50 €

ABONO C: febreiro - maio 2024

10 Concertos: 168,00 €

15% desconto: 142,80 €

Abono especial: 84,00 €

ABONO (EN)FOCO:  5 concertos (3 concertos ciclo (EN)FOCO + 2 concertos a elexir do abono A): 50,00 €

(1): Abono Especial (para estudantes e xubilados co 50% de desconto)

(2): Abono Colectivo: 500,00 €

(3): Os concertos do ciclo (EN)FOCO serán de balde  para o ABONO A

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 23 Xuño, 2023 a Venres, 31 Maio, 2024
Auditorio de Galicia