SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
Noémie Merlant
Francia / 95 min / Ficción / Francés
Ficha artística
Gimi Covaci, Noémie Merlant, Sanda Codreanu, Clara Lama-Schmit, Alexia Lefaix
Ficha técnica
Guión: Noémie Merlant, Gimi Covaci
Fotografía: Evgenia Alexandrova
Edición: Sanabel Cherqaoui
Produción: Pierre Guyard, Noémie Merlant
Jeanne viaxa a Romanía para celebrar a súa despedida de solteira coas súas amigas e alí coñece a Nino e á súa familia. Están a anos de luz de distancia, pero para ambos é o comezo dun apaixonado e infinito verán.
Mi iubita, mon amour é a primeira longametraxe da actriz Noémie Merlant, cuxo traballo máis coñecido quizáis sexa Retrato dunha muller en chamas (2019), de Céline Sciamma. Baixo a aparencia dunha pequena produción improvisada, a nova cineasta fai que a historia despregue lentamente os seus encantos, ofrecendo unha historia de amor conmovedora.