CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL· NOVAS/OS CINEASTAS
MI BESTIA (2024)
Camila Beltrán
Colombia, Francia / 75 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Stella Martínez, Héctor Sánchez, Marcela Mar, Mallerly Murillo
Ficha técnica:
Guión: Camila Beltrán, Silvina Schnicer
Música: Wissam Hojeij
Fotografía: Sylvain Verdet
Edición: Jeanne Oberson
Producción: Paola Andrea Pérez Nieto
Sinopse:
Bogotá, 1996. A poboación vive con medo a chegada dunha eclipse lunar porque disque o demo vai vir para secuestrar mozas inocentes. Mila, unha rapaza de 13 anos, nun momento no que o seu corpo empeza a transformarse, séntese cada vez máis angustiada pola presión e polas olladas dos demais. Esta inquedanza fai que se cuestione se a súa propia metamorfose está relacionada coa ominosa profecía. Así que se vai achegando o temido día da eclipse, unha lúa vermella ilumina o ceo, converténdose nun símbolo da súa angustia e da busca da súa identidade nun mundo cheo de expectativas e medos.
Camila Beltrán (Bogotá, Colombia). Directora, guionista e produtora de cine colombiana residente en Francia. Comezou a súa carreira como videoartista e, desde 2018, traballa como produtora na súa propia compañía, Felina Films, que fundou para impulsar proxectos cinematográficos. A súa obra combina a súa rica herdanza cultural colombiana coa súa formación e experiencias en Europa e presenta un enfoque único e innovador no cine contemporáneo.
Premio Blood Window á mellor película no Festival de Sitges 2024