CINEUROPA · PANORAMA INTERNACIONAL
MEMORY / MEMORIA (2023)
Michel Franco
México, Estados Unidos / 100 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Jessica Chastain, Peter Sarsgaard, Merritt Wever
Ficha técnica:
Guión: Michel Franco
Fotografía: Yves Cape
Edición: Oscar Figueroa, Michel Franco
Produción: Eréndira Núñez Larios, Michel Franco, Duncan Montgomery
Sinopse:
Sylvia é unha traballadora social que leva unha vida sinxela e estruturada: a súa filla, o seu traballo, as súas xuntanzas de alcólicos anónimos. Todo isto vira do revés cando Saul a segue ata a casa despois da súa reunión. O seu encontro sorpresa impactaraos profundamente a ambos ao abriren a porta ao pasado.
Michel Franco (Cidade de México, México). No 2009 dirixiu a súa primeira longametraxe, Daniel y Ana, presentada na Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes e en Horizontes Latinos en San Sebastián. Regresou a Cannes con Después de Lucía (2012), que recibiu o premio Un Certain Regard. Seguíronlle en 2015 A los ojos e Chronic, que gañou o premio ao mellor guión en Cannes, Las hijas de Abril (2017), Nuevo orden (2020) e Sundown (2021).
Candidata a mellor película no Festival de Venecia 2023
Copa Volpi ao mellor actor para Peter Sarsgaard no Festival de Venecia 2023