MARATÓN CINEUROPA 38

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · SECCIÓNS PARALELAS 

MARATÓN

THE UNBEARING / ESTADO DE NECESIDADE  " PELÍCULA SORPRESA 1 · STRANGE DARLING  · AZRAEL · MADS · LA NUIT SE TRAÎNE / NIGHTCALL
PELÍCULA SORPRESA 2· LA NOCHE DE LAS GAVIOTAS


THE UNBEARING / ESTADO DE NECESIDADE (2024)
Miriam Albert-Sobrino, Sonia Albert-Sobrino
Estados Unidos / 14 min / Ficción / Inglés
Ficha artística: Katerina Eichenberger, Branden Greenberg, Tim Hughes, James Choi
Ficha técnica:
Guión:      Katerina Eichenberger
Fotografía: Miriam Albert-Sobrino, Sonia Albert-Sobrino
Edición: Miriam Albert-Sobrino, Sonia Albert-Sobrino
Produción: Sean Valdivieso, James Mackenzie, Katerina Eichenberger, HyeYun Lee
Sinopse:
Alice Tilden, unha traballadora de control de pragas nunha América totalitaria, descobre que está embarazada. Como o aborto é ilegal, pídelle axuda ao seu mozo Jimmy, pero este rexeita axudala e ameázaa. Desesperada, Alice consegue pílulas abortivas de contrabando, pero decátase axiña de que foron manipuladas. Algo aterrador comeza a medrar dentro dela a un ritmo alarmante, e, atrapada no seu apartamento, terá que loitar contra esa presenza sinistra antes de perder o control sobre o seu propio corpo.


PELÍCULA SORPRESA 1
 


STRANGE DARLING (2024)
J. T. Mollner
Estados Unidos / 96 min / Ficción / Inglés
Ficha artística: Willa Fitzgerald,  Kyle Gallner, Madisen Beaty, Barbara Hershey
Ficha técnica:
Guión:     J. T. Mollner
Fotografía:  Giovanni Ribisi
Edición: Christopher Robin Bell
Produción: Bill Block, Roy Lee, Steve Schneider, Giovanni Ribisi, Chris Ivan Cevic
Sinopse:
Nunha noite de festa, unha moza coñece a un home atractivo e carismático, sen saber que é un asasino en serie. O que comeza como unha aventura dunha soa noite axiña se transforma nun pesadelo ao descubrir a verdadeira identidade do seu acompañante.
Asustada, intenta fuxir, pero o asasino, obsesionado coa súa nova presa, non está disposto a deixala marchar facilmente. A moza vese envolta nunha perigosa persecución, na que cada paso que dá a achega máis ao perigo.


AZRAEL (2024)
E. L. Katz
Estados Unidos / 85 min / Ficción / Inglés
Ficha artística: Samara Weaving, Victoria Carmen Sonne, Rea Lest
Ficha técnica:
Guión:     Simon Barrett
Fotografía: Mart Taniel
Edición: Ben Baudhuin
Producción: Simon Barrett, Dave Caplan, Dan Kagan
Sinopse:
Nun mundo sumido nun silencio imposto, unha comunidade dominada por mulleres aférrase a rituais antigos e a unha estrutura de poder opresiva. Azrael, unha moza valente e rebelde, desafía estas normas ao escapar da súa reclusión, o que desata a furia de quen a considera un sacrificio necesario para tranquilizar a un antigo demo ancestral. Co destino marcado pola ameaza do sacrificio, Azrael vese obrigada a loitar contra forzas escuras na súa procura desesperada pola liberdade e a supervivencia.


MADS

David Moreau
Francia / 95 min / Ficción / Francés
Ficha artística: Milton Riche,  Laurie Pavy, Lucille Guillaume
Ficha técnica:
Guión: David Moreau
Fotografía: Philip Lozano
Produción: Yohan Baiada, Marlene Wale
Sinopse:
Romain, un adolescente de 18 anos, fai unha parada na casa do seu traficante para probar unha nova droga antes de saír de festa. Mentres conduce, ve a unha muller ferida na estrada e decide deterse para socorrela. Ao subir ao seu coche, ela comeza a se comportar de xeito aterrador e, presa do pánico, bate a cabeza ata morrer. A partir daquela, comeza para Romain unha noite surrealista e terrorífica, na que non é quen de distinguir entre a realidade e os efectos do potente fármaco que vén de probar.


LA NUIT SE TRAÎNE / NIGHTCALL (2024)
Michiel Blanchart
Bélxica, Francia / 97 min / Ficción / Francés
Ficha artística: Jonathan Feltre, Natacha Krief, Jonas Bloquet
Ficha técnica:
Guión:     Michiel Blanchart, Gilles Marchand    
Fotografía: Sylvestre Vannoorenberghe    
Edición: Matthieu Jamet
Produción: Nicolas Duval Adassovsky, Michaël Goldberg, Margaux Marciano, Boris Van Gils
Sinopse:
Mady é unha estudante que traballa polas noites como cerralleira para chegar a final de mes. Durante un traballo rutineiro, abre a porta equivocada e convértese accidentalmente en cómplice dun caso de delincuencia organizada. Atrapada, ten que percorrer a cidade para borrar todas as pegadas da súa implicación, mentres intenta encontrar a Claire, a muller que a traizoou. Nesta carreira contrarreloxo, Mady só ten unha noite para saír deste pesadelo, mentres que o que está en xogo non deixa de aumentar.
 


PELÍCULA SORPRESA 2


LA NOCHE DE LAS GAVIOTAS (1975)
Amando de Ossorio
España / 89 min / Ficción / Español
Ficha artística: Víctor Petit, María Kosty, Sandra Mozarowsky, José Antonio Calvo
Ficha técnica:
Guión:      Amando de Ossorio
Fotografía: Francisco Sánchez
Edición: Pedro del Rey del Val
Produción: J. A. Pérez Giner, José Ángel Santos, Modesto Pérez Redondo
Sinopse:
Un médico e mais a súa muller múdanse a unha pequena aldea na costa do norte de España, onde axiña se decatan de que non son ben recibidos polos veciños. A situación tórnase máis inquietante cando un veciño do lugar chega pedindo axuda e son testemuñas dunha estraña procesión de mulleres na praia. Na aldea, os Cabaleiros Templarios seguen practicando rituais de sacrificio sanguento. Esta é a última entrega da tetraloxía de terror de serie B de Amando de Ossorio precedida por La noche del terror ciego (1971), El ataque de los muertos sin ojos (1973) e El buque maldito (1974).
 

Duración: 
600 MIN
Entradas: 
  • 6 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Venres, 22 Novembro, 2024
22:00
Teatro Principal