O novo disco da cordobesa é toda unha declaración de intencións na procura dunha visión artística auténtica que transcenda máis aló do flamenco. A liberdade e a beleza do diferente vertebran unhas temáticas nas que a diversidade e as novas sensibilidades son factores indispensables para alcanzar unha sociedade máis igualitaria e xusta. Un discurso apoderado dende a alegría dunha artista que transita por territorios vangardistas e sinfónicos sen renunciar ás súas raíces nun son único que foxe de clixés e etiquetas
“Ultrabelleza é unha luz que nos percorre por dentro, que sae do noso peito e se proxecta sobre o mundo que nos rodea... iluminándoo.
A ultrabeleza pode transformar o escuro en luz, o odio en amor... Porque ‘Non hai nada máis radical, que facer o ben’.
Sobre todo nun mundo onde odiar está normalizado e amar libremente sae aínda, moi caro.
Este disco é unha celebración da diversidade do mundo que nos rodea, que é o noso maior tesouro.
Unha bendición a todo o que sufriu a exclusión dun sistema que maldí a quen se saia da súa cuadricula binaria.
Ultrabelleza é o lugar ao que chegariamos se asumíramos que ser un mesmo, amar libremente, habitar o teu corpo á túa maneira, ter outra cor de pel, vir doutra cultura, sentir sen límite... non é algo malo, é o noso verdadeiro superpoder. Bendita a túa natureza e bendita por sempre o sexa , NON HAI NADA MALO EN TI, ES ULTRABELLEZA”.
María José Llergo