CINEUROPA · PANORAMA INTERNACIONAL
MANTAGHEYE BOHRANI / ZONA CRÍTICA (2023)
Ali Ahmadzade
Irán, Alemaña / 99 min / Ficción / Iraniano
Ficha artística:
Amir Pousti, Shirin Abedinirad, Maryam Sadeghiyan, Alireza Keymanesh
Ficha técnica:
Guión: Ali Ahmadzade
Fotografía: Abbas Rahimi
Edición: Ali Ahmadzadeh
Produción: Sina Ataeian Dena, Ali Ahmadzadeh
Sinopse:
Amir leva unha vida solitaria. Co seu can como única compaña, percorre os baixos fondos de Teherán, traficando con drogas de todo tipo e sandando almas atribuladas como un profeta moderno. Erra polas rúas da cidade sen rumbo fixo, seguindo as indicacións do seu GPS mentres se droga para fuxir dun lugar sen futuro. E, así e todo, no seu deambular atopará a semente da resistencia.
Ali Ahmadzade (Teherán, Irán). Deixou os seus estudos de arquitectura e graduouse na Universidade de Música de Neinava, en Teherán. Prohibidas en Irán por motivos políticos e de censura, as súas películas tratan sobre a mocidade rebelde e o seu enfrontamento coa teocracia. Oficialmente non se lle permite traballar como cineasta en Irán. Logo de Kami’s Party (2013) e de Atomic Heart (2015), Zona crítica é a súa terceira longametraxe.
Leopardo de Ouro á mellor película internacional no Festival de Locarno 2023