THE MANCHURIAN CANDIDATE / O MENSAXEIRO DO MEDO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN PARALELA · O CINEMA E A CONSPIRACIÓN

THE MANCHURIAN CANDIDATE / O MENSAXEIRO DO MEDO (1962)

John Frankenheimer

Estados Unidos / 126 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Frank Sinatra, Laurence Harvey, Janet Leigh, Angela Lansbury, Henry Silva, James Gregory, Leslie Parrish, John McGiver, Khigh Dhiegh, James Edwards, Barry Kelley, Robert Riordan

Ficha técnica:

Guión: George Axelrod. Baseado nunha novela de Richard Condon

Fotografía: Lionel Lindon

Edición: Ferris Webster

Produción: George Axelrod, John Frankenheimer

Sinopse:

Durante a guerra de Corea, o batallón do sarxento Raymond Shaw, un oficial novo fillo dunha prominente familia política conservadora dos Estados Unidos, é capturado polos comunistas. Someten os soldados a un lavado de cerebro como parte dun plan para convertelos en axentes infiltrados no propio goberno estadounidense. A través desta intriga política, os comunistas pretenden manipular os infiltrados para que alguén manexable por eles chegue á presidencia dos Estados Unidos. Este thriller político, ambientado na Guerra Fría, explora as tensións internacionais e as consecuencias do control mental nun contexto de espionaxe e conspiración.

Mellor actriz de reparto (Angela Lansbury) nos Globos de Ouro 1963

Nominada á mellor actriz de reparto (Angela Lansbury) e mellor montaxe nos Óscar 1963

Duración: 
126 MIN
Entradas: 
  • Entrada de balde previa retirada de convite

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Domingo, 17 Novembro, 2024
15:30
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

The Manchurian Candidate (1962) ORIGINAL TRAILER [HD 1080p]