SARABELA TEATRO
Idade recomendada: público adulto
Duración: 60 min
Lingua: galego
#posfunción: 16 de maio ao remate da función
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non "resistiría" ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será que deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas...
Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da" Made in Galiza é un convite á República Independente da túa lingua. Non a imos perder nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba o sabe! A obra escrita por Séchu Sende e elixida como Libro do Ano en 2007, xira ao redor dun tema que ten tanto que ver con nós como sociedade, que está nos alicerces da nosa cultura (foi Castelao quen dixo: "se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma").
Elenco: Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto
Dirección: Fina Calleja