COMPAÑÍA NACIONAL DE TEATRO CLÁSICO (CNTC)
Idade recomendada: >14 anos
Duración: 90 min
Lingua: castelán
Foco A voltas cos Clásicos
En palabras de Alberto San Juan, fundador da compañía Animalario e impulsor do proxecto Teatro do Barrio, “Macho grita é unha crónica da miña propia cegueira sobre a historia do meu país. Un intento farfalleiro de aproximación ao proceso histórico polo cal se constrúe a norma que establece que é ser español. Un intento de entender como se constrúe o sistema de poder xerárquico que nos goberna, como se constrúe o macho –entendido como vontade de dominio–, neste territorio chamado España. Unha tentativa de identificar quen somos nós e quen os outros, e o porqué da guerra entre ambas as partes. A expresión, quizais, do anhelo de superar os pronomes persoais e desembocar en algo que, sen dor nin vergoña, podamos chamar vida”, explica. Unha comedia en formato musical que revisita o mito de Don Xoán e na que Alberto San Juan estará acompañado da súa banda integrada por Claudio de Casas, guitarra, Miguel Malla, saxo e teclado, Gabriel Marijuán, batería, e Pablo Navarro, contrabaixo.
Dramaturxia e dirección: Alberto San Juan
Intérprete: Alberto San Juan
Músicos: Pablo Navarro, Gabriel Marijuán, Miguel Malla, Claudio de Casas
Iluminación: Raúl Baena, Eduardo Vizuete
Vestiario e escenografía: Alberto San Juan
Fotos: Sergio Parra