CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL · PANORAMA INTERNACIONAL
MÒ SHÌ LÙ / STRANGER EYES / OLLOS ESTRAÑOS (2024)
Yeo Siew Hua
Singapur, Taiwán, Francia, Estados Unidos / 125 min / Ficción / Mandarín, inglés
Ficha artística:
Chien-Ho Wu, Lee Kang-sheng, Anicca Panna, Vera Chen, Pete Teo, Xenia Tan, Maryanne Ng-Yew
Ficha técnica:
Guión: Yeo Siew Hua
Fotografía: Hideho Urata
Edición: Jean-Christophe Bouzy
Produción: Fran Borgia, Stefano Centini, Jean Laurent Csinidis, Alex C. Lo, Dan Koh, Fran Borgia
Sinopse:
Trala misteriosa desaparición da súa filla de dous anos, Darren e Tara comezan a recibir estraños vídeos que revelan que alguén estivo a espiar a súa vida cotiá, capturando ata momentos íntimos. Esta situación de vulnerabilidade provoca unha fonda inestabilidade na súa relación, e a policía decide instalar vixilancia arredor da súa casa para atrapar o voyeur. Así que a tensión vai aumentando e que algúns segredos se desvelan, a familia comeza a derrubarse. Vertixe existencial dunha familia que resiste malia a ver violada a súa intimidade nun mundo que nos obriga a convivir con imaxes.
Yeo Siew Hua (Singapur) é un director e escritor que gañou o premio Leopardo de Ouro de Locarno pola súa película A Land Imagined (2018). O seu debut como director de longametraxe, In The House of Straw (2009), foi eloxiado pola crítica como unha película significativa da Nova Onda de Singapur. Yeo é membro da Academia dos Premios de Cine da Asia-Pacífico (APSA) e membro fundador do colectivo de cine 13 Little Pictures en Singapur.
Sección oficial do Festival de Venecia 2024
Espiga de Prata á mellor película (ex aequo) na Seminci 2024