LUZ POÉTICA · II FESTIVAL DE POESÍA NOVA DE COMPOSTELA

DATOS BÁSICOS

DE ROSALÍA DE CASTRO A LUZ FANDIÑO

Sete poetas galegas recitarán a autoras do mundo da poesía de Galicia de Rosalía de Castro a Luz Fandiño:

Andrea Nunes, Nuria Vil, Arancha Nogueira, Lúa Mosquetera, Tamara Andrés, Diana Kurich e María Lado

Presenta: Adriana Guede

LUZ FANDIÑO Nada no barrio de Sar. En 1952 emigrou a Arxentina, e en 1964 emigra de novo a Francia. No ano 1979 retorna definitivamente a Galicia, a Santiago de Compostela onde reside. Colabora en diferentes publicacións galegas, no programa Diario Cultural da Radio Galega, coas Redes Escarlata, Mulheres Trasgredindo e Mar de Tinta. Reivindica a lingua e o poder transformador da poesía. Segue en activo, escribindo diariamente e acudindo a centros sociais, colexios e institutos a dar charlas sobre a súa estadía na emigración, os seus poemas e a súa visión da vida. No ano 2019 foi agasallada pola Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo co XI Premio Freire Carril. A directora Sonia Méndez estreou no 2020 o seu filme A poeta analfabeta baseado na vida da escritora e activista Luz Fandiño.

Entradas: 
  • Entrada de balde ata completar aforo por orde de chegada
Funcións: 
Domingo, 29 Outubro, 2023
20:00
Teatro Principal