LOS LUNES AL SOL
GG PRODUCCIÓN ESCÉNICA E TEATRO DEL NÓMADA
Idade recomendada: >14 anos
Lingua: castelán
Los lunes al sol amósanos de maneira realista e conmovedora as loitas diarias, a desmoralización e a desesperanza coas que batemos ao tentar atopar traballo nun mercado laboral competitivo e en constante cambio. Fai visible a maneira na que a falta de oportunidades e a presión social afectan ás relacións persoais, á auto-estima e á esperanza nun futuro mellor. Los lunes al sol é unha poderosa reflexión sobre como as circunstancias económicas poden moldear a identidade e as relacións humanas. A través da súa narrativa sincera, formula preguntas sobre a xustiza social e o sistema laboral contemporáneo, convidándonos a reflexionar sobre as desigualdades na nosa sociedade.
Adaptación: Ignacio del Moral e Javier Hernández-Simón
Dirección: Javier Hernández-Simón
Elenco: Mónica Asensio, Marcial Álvarez, José Luis Torrijo, Fernando Cayo, Fermi Herrero, Fernando Huesca, César Sánchez e Lidia Navarro
Escenografía: Ricardo Sánchez Cuerda
Deseño de iluminación: Juan Gómez-Cornejo (AAI) / Ion Anibal (AAI)
Deseño de vestiario: Elda Noriega (AAPEE)
Dirección musical, composición e espazo sonoro: Álvaro Renedo Cabeza
Produción: GG Producción Escénica e Teatro del Nómada
[Imaxe: Marcos G. Punto]