LOS DELINCUENTES

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · PANORAMA INTERNACIONAL

LOS DELINCUENTES  (2023)
Rodrigo Moreno
Arxentina, Brasil, Chile, Luxemburgo / 189 min / Ficción / Español

Ficha artística:
Margarita Molfino, Esteban Bigliardi, Daniel Elías, Cecilia Rainero

Ficha técnica:
Guión: Rodrigo Moreno
Fotografía: Alejo Maglio 
Edición: Karen Akerman
Produción: Julia Alves, Bruno Bettati, Natacha Cervi, Gilles Chanial

Sinopse:
Nun determinado momento das súas vidas, dous empregados de banco cuestionan a existencia rutineira que levan. Un deles, Morán, atopa unha solución: atracar o banco no que traballa coa intención de roubar unicamente os cartos necesarios para se poder xubilar comodamente. Para poñer o plan en práctica, decide convencer tamén o seu amigo e compañeiro Román.

Rodrigo Moreno (Bos Aires, Arxentina). Coa súa primeira longametraxe, Mala época (1998), obtivo unha mención especial e o Premio FIPRESCI ao mellor filme latinoamericano no Festival de Mar do Prata. Codirixiu xunto a Ulises Rosell e Andrés Tambornino El descanso (2001) e, de novo en solitario, El custodio (2006), que competiu en Berlín. No 2011 regresou á capital alemá con Un mundo misterioso, e no 2014 presentou Reimon no Festival de Róterdam. A súa filmografía complétase con Una ciudad de provincia (2017). 

Sección ‘Un certain regard’ do Festival de Cannes 2023

Duración: 
187 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: dende as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre quince minutos antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Martes, 14 Novembro, 2023
17:00
Teatro Principal
Mércores, 15 Novembro, 2023
21:30
Salón Teatro
MULTIMEDIA

'Los delincuentes', de Rodrigo Moreno - Trailer