CINEUROPA | SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
Jessica Hausner
Austria / 100 min. / Drama, sobrenatural, familia / Inglés
Ficha artística:
Emily Beecham, Ben Whishaw, Leanne Best, Lindsay Duncan, Kerry Fox, David Wilmot, Kit Connor, Goran Kostic, Andreas Ortner, Andrew Rajan, Sebastian Hülk, Phénix Brossard, Yana Yanezic
Ficha técnica:
Guión: Géraldine Bajard, Jessica Hausner
Fotografía: Martin Gschlacht
Sinopse:
Alice é unha nai solteira que cultiva plantas nunha empresa que busca desenvolver novas especies. É a responsable do exitoso último deseño da súa compañía: unha crisálida que destaca non só pola súa beleza, senón tamén polo seu valor terapéutico. Se a planta está en condicións óptimas, garántelle a quen a consuma sentir algo semellante á felicidade. Un día, Alice decide ir en contra das normas da súa empresa e lévalle unha planta a Joe, o seu fillo. Ambos os dous bautízana como "Little Joe" ("Pequeno Joe"). A medida que medra, Alice comeza a decatarse de que, se cadra, a súa nova creación non é tan inofensiva como suxire o seu nome.
2019: Premio á mellor actriz (Emily Beecham) no Festival de Cannes