LILITH

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · BRANDO FAI CEN ANOS. O ACTOR’S STUDIO, DEUSES E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS

LILITH (1964)

Robert Rossen

Estados Unidos / 114 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Warren Beatty, Jean Seberg, Peter Fonda, Kim Hunter

Ficha técnica:

Guión: Robert Rossen. Baseado nunha obra de J. R. Salamanca

Fotografía: Eugen Schüfftan

Edición: Aram Avakian

Produción: Robert Rossen

Sinopse:

Vincent, un veterano de guerra, regresa a Maryland, o seu estado natal, e comeza traballar nun hospital psiquiátrico privado para ricos. Alí namórase dunha fermosa paciente, Lilith, que vive abstraída nun mundo de seu. A medida que se vai achegando a ela, vai tamén afastándose da súa propia realidade.

A derradeira película dirixida por Rossen volve entrecruzar personaxes creativos e destrutivos dun xeito emblemático ofrecendo un relato da procura da perfección e do amor fracasado. Rossen pechou a súa filmografía con esta obra magna.

Duración: 
114 MIN
Entradas: 
  • Entrada de balde previa retirada de convite

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Mércores, 13 Novembro, 2024
22:20
NUMAX
Sábado, 23 Novembro, 2024
15:45
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

Lilith - drama - 1964 - trailer - Full HD