CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
L'HISTOIRE DE SOULEYMANE / A HISTORIA DE SOULEYMANE (2024)
Boris Lojkine
Francia / 92 min / Ficción / Francés
Ficha artística: Abou Sangare, Nina Meurisse
Ficha técnica:
Guión: Boris Lojkine, Delphine Agut
Fotografía: Tristan Galand
Edición: Tristan Galand
Producción: Bruno Nahon
Sinopse:
Mentres pedalea polas rúas de París para repartir comida, Souleymane repite a súa historia unha e outra vez. En dous días terá que se enfrontar á entrevista para a solicitude de asilo, un momento crucial que determinará se vai conseguir ou non os documentos que lle posibilitarán quedar no país. Malia á súa determinación, Souleymane sente que non está preparado para esta entrevista e comezan a pesarlle as incertezas sobre o seu futuro, mentres que as súas experiencias e desafíos como refuxiado comezan a aflorar.
Boris Lojkine (París, Francia). Cineasta que se destaca pola súa dedicación a contar historias sociais e culturais. Comezou dirixindo documentais inspirados na súa estadía en Vietnam, antes de traballar na República Democrática do Congo. A súa primeira longametraxe, Hope, que aborda a vida de inmigrantes africanos, foi aclamada na Semana da Crítica do Festival de Cannes no 2015. Desde aquela, Lojkine continuou a explorar temas relevantes a través de obras como Nous, étudiants!, Camille e esta última L'histoire de Souleymane.
Premio do xurado e mellor actor (Abou Sangare) na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2024