CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS
LES FEMMES AU BALCON / AS MULLERES DO BALCÓN (2024)
Noémie Merlant
Francia / 103 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Noémie Merlant, Sanda Codreanu, Souheila Yacoub, Annie Mercier
Ficha técnica:
Guión: Noémie Merlant, Céline Sciamma
Fotografía: Evgenia Alexandrova
Edición: Julien Lacheray
Produción: Pierre Guyard
Sinopse:
Nun axitado barrio de Marsella, en plena vaga de calor, tres mulleres comparten piso e fanlle fronte á rutina cotiá. A súa atención céntrase no misterioso veciño que vive en fronte delas, que se converte no obxecto de todas as súas fantasías. Con arelas de liberdade, as tres amigas buscan escapar da súa vida monótona. Pero unha noite de copas, que comeza como unha celebración, convértese en algo aterrador e delirante, e troca a situación nun pesadelo sanguento que cambiará o rumbo das súas vidas para sempre.
Noémie Merlant (París, Francia). Actriz, cantante e directora. Gañou o premio César á mellor actriz de reparto no 2023 por L’Innocent e foi candidata a mellor actriz polo seu papel en Retrato dunha muller en chamas (2019). Fixo o seu debut como directora de longametraxes con Mi iubita, mon amour (2021), que foi candidata ao premio Cámara de Ouro do Festival de Cannes.
Sección oficial no Festival de Cannes 2024