CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · BRANDO FAI CEN ANOS. O ACTOR’S STUDIO, DEUSES E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS
LENNY (1974)
Bob Fosse
Estados Unidos / 111 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Dustin Hoffman, Valerie Perrine
Ficha técnica:
Guión: Julian Barry
Fotografía: Bruce Surtees
Edición: Alan Heim
Produción: Marvin Worth
Sinopse:
Lenny Bruce é un mordaz humorista que traballa en locais nocturnos de pouca categoría. Pouco despois de coñecer a Honey, unha exuberante bailarina de striptease, casa con ela. Durante anos manteñen unha relación tormentosa que inclúe drogas e sexo pouco convencional, pero acábanse separando. A sona de Lenny como comediante vai en aumento, pero tamén as denuncias e xuízos que debe afrontar por mor do carácter subversivo do seu humor.
Filme biográfico sobre a tumultuosa vida do cómico Lenny Bruce baseado na obra de Broadway escrita por Julian Barry.
Sete nominacións nos Óscar 1975
Premio á mellor actriz (Valerie Perrine) no Festival de Cannes 1975