D’CLICK
Idade recomendada: > 5 anos
Duración: 55 min
Lingua: sen texto
[DENTRO DO PROGRAMA CIRCO A ESCENA DO INAEM. MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE]
Un equilibrio entre o animal e o humano, unha danza entre o inútil e o belo. Tres personaxes constrúen e destrúen o presente sen máis obxectivo que desafiar ao aburrimento. Coñécense tanto que non necesitan falar. Habitan un mundo no que pasou algo, pero non sabemos o que. Buscan dentro de latas un pouco diso, que ao compartirse se multiplica. Unha invitación a xogar indiferentes a calquera pensamento. Un momento de felicidade compartida, cun pé neste mundo, e outro nunha terra sen tempo.
Ficha artística
Idea e produción: Compañía D’Click
Dirección artística: Florent Bergal
Reparto: Ana Castrillo, Hugues Gauthier e Javier Gracia
Creación ambiente sonoro: Nieves Arilla
Acompañamento dramatúrxico: Laura Tajada
Apoio coreográfico: Diego Sinniger
Mirada exterior actoral: Alfonso Pablo
Deseño de iluminación: Tatoño Perales
Técnica de son e luces: Roberto Gregorio
Vestiario: Pep4
Apoio atrezzo e espazo de creación: Ibón Barquero e Carlos Herrero / Fábrica de Chocolate
Deseño gráfico: Detalier estudio creativo
Vídeo e realización: Luislo
Fotografía: Luislo / Pilo Gallizo / Lorena Cosba
Espazo de creación permanente: Fábrica de chocolate, Zaragoza