CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
LA PASSION DE DODIN BOUFFANT / A LUME MANSO (2023)
Tran Anh Hung
Francia / 135 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Juliette Binoche, Benoît Magimel, Emmanuel Salinger, Patrick D’Assumçao
Ficha técnica:
Guión: Tran Anh Hung
Fotografía: Jonathan Ricquebourg
Edición: Mario Battistel
Produción: Olivier Delbosc, Bastien Sirodot, Cédric Iland
Sinopse:
1885. A cociñeira Eugénie leva traballando para o famoso gourmet Dodin os últimos 20 anos. Co paso do tempo, a práctica da gastronomía e a mutua admiración entre eles fóronse tornando nunha relación romántica. A súa asociación deu lugar a pratos únicos, capaces de satisfacer os padais máis esixentes. Mais Eugénie valora a súa liberdade e nunca quixo casar con Dodin. Daquela, el decide facer algo que nunca fixera antes: cociñar para ela.
Anh Hung Tran (Đà Nẵng, Vietnam). En 1975 exiliouse a Francia coa súa familia e alí estudou cinema. No seu debut como director en 1992 con O ulido da papaia verde gañou o premio Cámara de Ouro no Festival de Cannes, o que lle reportou sona e reputación a nivel internacional. Tamén obtivo unha candidatura ao Óscar á mellor película de fala non inglesa. A súa segunda película, Cyclo, gañou o León de Ouro en Venecia 1995. Os seus outros créditos inclúen The vertical ray of the sun, I come with the rain ou Tokio Blues (Norwegian Wood).
Mellor dirección no Festival de Cannes 2023