CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA / DOCS CINEUROPA
LA GUITARRA FLAMENCA DE YERAI CORTÉS (2024)
C. Tangana
España / 91 min / Documental / Español
Ficha artística:
Yerai Cortés, María Merino de Paz, Miguel Cortés, Tania García
Ficha técnica:
Fotografía: Uri Barcelona, Nauzet Gaspar, Àlvar Riu, Diego Trenas, Arnau Valls
Edición: Cristóbal Fernández, Marcos Flórez
Producción: Santos Bacana, C. Tangana, Cristina Trenas, Chavela Utrera
Sinopse:
Cando C. Tangana coñece a Yerai Cortés queda completamente fascinado co seu talento e intrigado pola súa historia familiar. Yerai é unha figura inusual dentro do flamenco, tan respectada polos xitanos máis tradicionalistas como polos artistas vangardistas da nova onda da que el forma parte. Deciden emprender unha viaxe xuntos para gravaren un disco no que as cancións veñen marcadas por unha gran pena. O propio proceso artístico enfróntao co seu pasado e empúxao a explorar un segredo familiar a través do cal trata de redimir a relación cos seus pais. O resultado é unha película que desenvolve unha experiencia musical única para mergullarnos nunha historia de paixón, amor e perdón.
C. Tangana (Madrid, España). Nado como Antón Álvarez Alfaro, é un destacado cantante español. Coñecido polo seu enfoque innovador na música urbana, C. Tangana levou a súa creatividade ao mundo do cinema, onde explorou a intersección entre música e narrativa visual. Este documental réndelle homenaxe á cultura flamenca e á súa evolución no contexto contemporáneo. A través dun enfoque íntimo e poético, retrata a vida e a música do guitarrista Yerai Cortés, salientando a importancia da tradición na música.
Mención especial na sección de Novos Directores do Festival de San Sebastián 2024