CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA· BRANDO FAI CEN ANOS. O ACTOR’S STUDIO, DEUSES E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS
THE KING OF MARVIN GARDENS / O REI DE MARVIN GARDENS (1972)
Bob Rafelson
Estados Unidos / 104 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Jack Nicholson, Bruce Dern, Ellen Burstyn
Ficha técnica:
Guión: Jacob Brackman Baseado nunha historia de Bob Rafelson e Jacob Brackman
Fotografía: László Kovács
Edición: John F. Link
Produción: Steve Blauner, Bob Rafelson
Sinopse:
David Staebler, un DJ de radio nocturno e melancólico, accede á proposta do seu irmán Jason, un estafador extrovertido, de acompañalo a Atlantic City para participar nun turbio negocio inmobiliario. Malia á súa natureza reservada, David déixase arrastrar polo irmán e axiña os sucesos descontrólanse. No entanto, Sally, unha muller madura que busca un pouco de felicidade momentánea, xoga un papel clave na escura atmosfera que envolve a historia. Os acontecementos avanzan cara a unha inevitable traxedia, mentres os irmáns se enfrontan ás súas complexas relacións familiares e ao fracaso do plan.