CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA· BRANDO FAI CEN ANOS. O ACTOR’S STUDIO, DEUSES E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS
THE KING OF COMEDY / O REI DA COMEDIA (1982)
Martin Scorsese
Estados Unidos / 109 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Robert De Niro, Jerry Lewis, Tony Randall, Diahnne Abbott, Sandra Bernhard
Ficha técnica:
Guión: Paul D. Zimmerman
Fotografía: Fred Schuler
Edición: Thelma Schoonmaker
Produción: Arnon Milchan
Sinopse:
Rupert Pupkin é un cómico obsesionado coa celebridade e con se converter no mellor no seu campo. Un día, Rupert coñece ao seu ídolo, Jerry Langford, e suplícalle que lle dea a oportunidade de aparecer no seu programa, pero este non lla concede. Con todo, Pupkin non se dá por vencido e acosa a Jerry para intentar lograr os seus propósitos. Coa axuda da súa amiga Masha, usará un método contundente para obter os seus minutos de fama.
Mellor guión orixinal nos BAFTA 1984
Sección oficial do Festival de Cannes 1983