CINEUROPA · O MUNDO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO, TOLO
IT'S A MAD MAD MAD MAD WORLD / O MUNDO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO, TOLO (1963)
Stanley Kramer
Estados Unidos / 159 min / Ficción / Inglés, chinés
Ficha artística:
Spencer Tracy, Jerry Lewis, Mickey Rooney, Sid Caesar, Milton Berne
Ficha técnica:
Guión: William Rose, Tania Rose
Fotografía: Ernest Laszlo
Edición: Gene Fowler Jr., Robert C. Jones, Frederic Knudtson
Produción: Rudolph Sternad
Sinopse:
Nunha interminable autoestrada do deserto, oito automobilistas que van de vacacións comparten unha experiencia que trocará os seus plans e as súas vidas. Logo de que un misterioso descoñecido revele o agocho dunha fortuna procedente dun roubo, cada un deles emprende unha endiañada e desenfreada carreira por se faceren co botín.
Gañadora do Óscar aos mellores efectos de son e candidata noutras 6 categorías en 1963