BUTACAZERO, CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL E MIT RIBADAVIA
Idade recomendada: >16 anos
Duración: 180 min (inclúe intervalo)
Lingua: galego e castelán
Foco Esther F. Carrodeguas
Iribarne é un tipo nado na mesma vila que Rouco Varela (si: o cardeal) durante a monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cinema porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un aniño –que coincidiu coa inauguración da ditadura de Primo de Rivera–, e tras facer as Américas durante un par de anos, o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa). Empeza o bacharelato coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: o Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como o que máis pronto que tarde chegou a ser ministro no seu mandato, malia ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír o Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de vicerrei na súa querida Terra Galega.
#conversando: o 19 de xaneiro ás 19 horas no Auditorio de Galicia
Elenco: Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Lidia Veiga, Jorge de Arcos e Esther F. Carrodeguas
Dirección: Xavier Castiñeira
Coreografía e axudante de dirección: Sabela Domínguez
2º axudante dirección: Antonio Castro
Espazo sonoro e temazos: Berto
Espazo escénico: Xavier Castiñeira e Diego Valeiras
Vestiario: Diego Valeiras
Iluminación: Diego Vilar – Equipo Creativo Rta
Audiovisuais: Pablo Fontenla
Asistencia técnica: Rta – Recursos Técnicos Artísiticos
Texto: Esther F. Carrodeguas
Produción: Juancho Gianzo e Esther F. Carrodeguas
Entrevistas: Inma López Silva, Pablo Fontenla
Asesoramento coreográfico tradicional: Artur Puga
Editor FX: Antón Miranda
Comunicación: Equipo Sopa, The Office