CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
IO CAPITANO / EU CAPITÁN (2023)
Matteo Garrone
Italia, Francia, Bélxica / 121 min / Ficción / Francés, wólof
Ficha artística:
Affif Ben Badra, Seydou Sarr, Issaka Sawadogo
Ficha técnica:
Guión: Massimo Ceccherini, Matteo Garrone, Massimo Gaudioso, Andrea Tagliaferri
Fotografía: Paolo Carnera
Edición: Marco Spoletini
Produción: Paolo Del Brocco, Hicham El Ghorfi, Matteo Garrone, Alessio Lazzareschi, Philippe Logie, Joseph Rouschop, Ardavan Safaee
Sinopse:
Os mozos senegaleses Seydou e Moussa deixan a súa casa en Dakar para emigrar a Europa. Na súa odisea, ambos os dous cruzan o deserto e experimentan os horrores dun campo de detención en Libia. Axiña se enfrontan ao perigoso desafío de cruzar o Mediterráneo.
Matteo Garrone (Roma, Italia). Debutou en 1997 con Terra di mezzo, á que seguiron Ospiti (1998), Estate romana (2000), L’imbalsamatore (2002) e Primo amore (2005), coa que competiu en Berlín. No 2008 obtivo por Gomorra o gran premio do xurado en Cannes e cinco premios do cinema europeo, incluídos os de mellor película e mellor director. Con Reality (2012) gañou de novo o gran premio do xurado en Cannes, onde volveu competir con Il racconto dei racconti (2015) e con Dogman (2018), que recibiu o premio ao mellor actor. No 2019 adaptou ao cinema Pinnochio, que obtivo dúas candidaturas aos Óscar.
León de Prata ao mellor director e o premio Marcello Mastroianni ao mellor actor novel para Seydou Sarr no Festival de Venecia 2023
Premio do público ao mellor filme europeo do Festival de San Sebastián 2023